Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
18 mars 2011

5BIS RUE VERNEUIL

Agora estou bocexando porque botei unha longa noite de alcatrán. Déuseme por visitar o 5bis da Rue Verneuil. Serge Gaingsbourg non deu acougo á caxetiña de Gitanes. Atopeino tatarexando 'A marsellesa', a banda sonora de Francia, que el fachendeaba de ter composto diante dos seus músicos xamaicanos. O cantante vive nun spa relaxante de xenebra e outras drogas mentres hai escuridade. Cando cheguei aínda non se fundira o día, polo que non levaba présa por erguerse da cadeira de brazos na que reside. Como estabamos divertíndonos, conteille o caso do concelleiro compostelán á que a Garda Civil espertou do soño dunha noite de botellón acomodadiño nun coche, agarimado pola calefacción e arrolado polo alcohol. Sergé riu a gargalladas, botándose para atrás e exhibindo o apocalipse da dentadura negra. “E xenial!”, marmuxaba para si mentres procuraba a morte a bocanadas. Engadín ao relato que o edil amoláballe que a xentalla bebese polas noites, pero non dera termada das gañas de excederse. Gaingsbourg manifestoume daquela a ledicia: “Préstame que os seres morais crucen ao noso lado; que veñan cabo dos que vivimos sen normas dende que descubrimos ninguén pode regular a felicidade”. O cantante animoume a convidar ao político á rúa Verneuil. Eu apúxenlle que poida que non se lle apetecese. “Unha vez que descubres o teu paraíso, non queres marchar”, observou.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité