samedi 19 mars 2011
O COMPRADOR DE DISCOS VELLOS
UNHA DAS sensacións máis horribles do terremoto de Xapón foi que, nas primeiras horas, había unha chea de fanáticos intentando confirmar que Haruki Murakami se atopaba ben. O país abalado pola furia, milleiros de persoas tragadas polo caos, centos de vivendas esnaquizadas,... e os seguidores do escritor preocupados en preservar o mito. Visualizar a faciana da catástrofe é humano, pero non por iso deixa de ser estúpido. Resulta bastante probable que Murakami estivese dando un curso nalgunha universidade estadounidense ou en Hawai. Non... [Lire la suite]