Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
25 mars 2011

A QUEN COÑECEMOS? FRASE GALEGA PARA RESOLUCIÓN DE CONFLITOS

A QUEN COÑECEMOS? Velaí a frase galega para a resolución universal de conflitos. Cando temos que conseguir un coche a bo prezo ou cando temos que matricular os nosos fillos no colexio non nos preguntamos pola documentación que podemos achegar nin sequera nos molestamos en fuchicar en centos de páxinas web, senón que empezamos a repasar o catálogo de primos e amigos e mesmo de primos de amigos que temos na entidade ou no organismo en cuestión. A comunidade internacional vai avanzando torpemente no asunto libio porque non se preguntou a quen coñecemos no réxime de Gadafi. De contactar con alguén de dentro, saberíamos que o ditador xa non está vivo, senón que foi substituído por unha figura de cera artellada. Pero non, o que se está cuestionando é se nos conducinmos pola ética para bombardearlo; o gran debate é por que motivo Zapatero rexeitaba bombardear a Sadam Hussein e non ten reparos en situarse como rampa de lanzamento para os F15. De facermos caso á discusión é moi probable que os demócratas acaben por ser arrasados antes de gozar do coffee break e entrar no capítulo das conclusións. Supoño que todos temos memoria, cando non vivencia, de loitas desiguais coma esa que desembocaron en ditaduras.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité