Xosé Luís Regueira, elexido como académico da lingua, asegura que «eu non vexo que un sector de novelistas fronte a outro de lingüístas, vexo xente que traballa polo galego». Opina que o feito de de que "ingresasen Agustín Fernández Paz ou Xabier Docampo sería unha honra para a Academia, pero non por ser autores para rapaces, senón por ser magníficos escritores".