Iago Martínez entrevista a Moisés Barcia co gallo do debut de Pulp Books: ["A nosa intención non é redimir a literatura galega”, matiza o editor. “Máis ben todo o contrario: pretendemos facer un produto sincero e xogar, dun xeito algo trampulleiro, coa idea de frivolidade”.(...) Aí reside o truco de Pulp Books: en inocular a literatura galega no mercado español con edicións que aproveitan, sen ocultalo, o espazo aberto por selos independentes como Impedimenta, Errata Naturae ou Alpha Decay, entre outros. Edicións imaxinativas e de calidade. O reto agora é facerse un oco. Gañar a batalla da distribución e sobrevivir na da promoción. Para o primeiro, segundo Moisés R. Barcia, non hai moito que inventar: contratar a opción máis acaída aos obxectivos, pagar o prezo correspondente e cruzar os dedos para non quedar arrombado. Para o segundo, Pulp Books aposta por dirixir a promoción dende Galicia e espremer as posibilidades da rede para aforrar as peaxes de ser periférico. “Tenteando e afinando unha e outra vez”.]