O NENO escribía recto con renglóns tortos. As profesoras teimaban en explicarme, labazada a labazada, que a man esquerda que usaba institivamente era unha extremidade coa que me instrumentalizaba o Demo. Aprendín, logo, a redactar coa dereita. Agora ando preguntándome polos aires que se dá a letra de Thierry neses papeis nos que anotaba a súas xuntanzas cos representantes do Goberno central. Teño unha tendencia a interpretar que as boas persoas trazan letras bonitas, polo que penso un asesino coma el debe de facer unhas ‘e’, unhas ‘t’ e unhas ‘a’ reviradas. Hai uns días, @pedroj_ramírez anunciou no Twitter unha exclusiva cósmica e limitouse a meter no microondas e servirnos o que publicara Gara anos atrás. O xornalista rioxano ten unha letra máis clara e multiplicou os informados. Tamén se multiplicou a indignación polos contidos. Supoñamos que son certos e que Thierry reflectiu o falado na mesa. Despois de ter visto a Kevin Spacey dialogando con criminais en varias películas, non atopo motivo de sorpresa. Non se trata de que os etarras se democraticen, nin de que fagan contrición; senón de que se deixen de matar. Ás veces, para escribir recto, hai que torcer o reglón e os lectores deberían ser compresivos por incómodo que lles resulte o exercicio.