jeudi 31 mars 2011

O FANTASMA DE MEIRÁS

Deuseme en visitar o pazo de Meirás esta madrugada, cando estaba pechado a eses intrusos que queren se lle devolva a Sada o que lexitimamente se gañou a culatazo de mosquetón. Andaba eu pasmando por un salón cando se me apareceu Franco. Non me meteu medo a apariencia, ben distinta á que amosaba nas fotos que lle quitou o xenro no hospital, que parecía un espárrago liofilizado. Os fantasmas amosan o aspecto de cando un suma unha idade mediada. O Franco que se me apareceu tiña un bandullo redondo duns 40 anos. O malo dos espíritos é que... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:23 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :

jeudi 31 mars 2011

CALIGRAFÍA

O NENO escribía recto con renglóns tortos. As profesoras teimaban en explicarme, labazada a labazada, que a man esquerda que usaba institivamente era unha extremidade coa que me instrumentalizaba o Demo. Aprendín, logo, a redactar coa dereita. Agora ando preguntándome polos aires que se dá a letra de Thierry neses papeis nos que anotaba a súas xuntanzas cos representantes do Goberno central. Teño unha tendencia a interpretar que as boas persoas trazan letras bonitas, polo que penso un asesino coma el debe de facer unhas ‘e’, unhas ‘t’... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:20 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :
jeudi 31 mars 2011

MOISÉS BARCIA: "PRETENDEMOS VENDER EN ESPAÑA COA IDEA DA FRIVOLIDADE"

Iago Martínez entrevista a Moisés Barcia co gallo do debut de Pulp Books: ["A nosa intención non é redimir a literatura galega”, matiza o editor. “Máis ben todo o contrario: pretendemos facer un produto sincero e xogar, dun xeito algo trampulleiro, coa idea de frivolidade”.(...) Aí reside o truco de Pulp Books: en inocular a literatura galega no mercado español con edicións que aproveitan, sen ocultalo, o espazo aberto por selos independentes como Impedimenta, Errata Naturae ou Alpha Decay, entre outros. Edicións imaxinativas e de... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:14 - Commentaires [2] - Permalien [#]