vendredi 18 mars 2011

5BIS RUE VERNEUIL

Agora estou bocexando porque botei unha longa noite de alcatrán. Déuseme por visitar o 5bis da Rue Verneuil. Serge Gaingsbourg non deu acougo á caxetiña de Gitanes. Atopeino tatarexando 'A marsellesa', a banda sonora de Francia, que el fachendeaba de ter composto diante dos seus músicos xamaicanos. O cantante vive nun spa relaxante de xenebra e outras drogas mentres hai escuridade. Cando cheguei aínda non se fundira o día, polo que non levaba présa por erguerse da cadeira de brazos na que reside. Como estabamos divertíndonos,... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:21 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :

vendredi 18 mars 2011

A BOMBA DOS NOVOS ROMÁNTICOS

A PRIMEIROS dos 80 houbo moreas de rapaces demasiado novos para estar fartos do brillo da mocidade e cruelmente vellos para estar no paro. Unha noite conxuráronse para disfrazarse e invadir os clubs. «Bailemos ata que caia a bomba», berraban a xeito de proclama. E durante as madrugadas de moitos días laborables e festas de gardar animaron as pistas alfombradas de neón de Londres, Manchester ou Birminghan. Novos Románticos, chamaban a aquelas feras da egocentria e o hedonismo. A bomba nunca chegou a caer sobre aquelas pistas de baile... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:18 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :
jeudi 17 mars 2011

DETIDO UN PRODUTOR ESPAÑOL POR COLGAR INÉDITAS EN INTERNET

Un miembro de la Academia de Cine, Manuel Sirgo, ha sido detenido por colgar películas en Internet que aún no habían sido estrenadas en los cines, según han confirmado a la Cadena SER fuentes policiales. Esas mismas fuentes aseguran que difundía los films a través de la Red y se le acusa de un posible delito de revelación de secretos.
Posté par Jaureguizar à 17:51 - Commentaires [0] - Permalien [#]
jeudi 17 mars 2011

RUBIDO BUSCA ASENTAR O PODER NO ABC A BASE DE GALEGOS

A Bieito Rubido (Cedeira) hai que agradecerlle que alinee galegos na súa cúpula: a Alfonso Armada (Vigo) como asesor directo; sumou a Luis Ventoso (A Coruña), como director adxunto, e agora a Olalla Cernuda (Vigo), como subdirectora para internet. O reto é asentar ese equipo en plena calle Serrano de Madrid e, alén de remudar os contidos, anovar o público.
Posté par Jaureguizar à 12:47 - Commentaires [1] - Permalien [#]
mercredi 16 mars 2011

1.500 MILLÓNS DE CUESTIÓNS MÁIS IMPORTANTES CA UNHA IMPORTANTE

Os directivos da nosa maior entidade financieira teñen 1.500 millóns de cuestións en que ocuparse. Por iso, non lle prestan a atención que requeriría, de seren outras as circunstancias, ás críticas que se lles amorean nas caixas de correo e nos buzóns de voz por parte de xornalistas incomodados pola rendición dos seus galardóns aos cálculos prexubilatorios e de proxección do presidente do xurado.
Posté par Jaureguizar à 15:54 - Commentaires [13] - Permalien [#]
mardi 15 mars 2011

UN PAÍS QUE SE TOMA EN SERIO A SI PROPIO

JAVIER GODÓ provócame gañas de emigrar a un país que se toma serio a si propio: [La Vanguardia’ reflecteix, amb la nova oferta, la plural i tranquil·la normalitat lingüística de Catalunya, fet que ens recorda que el nostre centenari rotatiu va néixer precisament quan la Renaixença cultural, econòmica i política catalana començava a donar els primers fruits. D'altra banda, som plenament conscients que l'aposta eixampla de manera important la presència de la llengua catalana als quioscos i a la xarxa, extrem que serveix per incentivar,... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 11:22 - Commentaires [0] - Permalien [#]

lundi 14 mars 2011

O CHOCOLATE DE GOYA

RUIZ MATEOS nunca me ofreceu o seu brandy. Non podo presumir diso, nin tampouco de que me rogase que non o deixase caer, como pode facer Botín. Aínda así, si de que teño probado os seus bombóns Trapa, que adoitaban enviarnos por mensaxería por unha cuestión de cortesía, que se queren coñecer, deberán elucubrar. Como o empresario andaluz non vai ler isto, revelarei que eu son máis da Caixa Vermella de Nestlé. Non esperen que lles argumente con apreciación visual, texturas, sabores u olores propios dunha cata de bombóns porque a... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 20:05 - Commentaires [4] - Permalien [#]
Tags :
dimanche 13 mars 2011

RICCARDO CAVALLERO: "EL EDITOR TENDRÁ UNA ESPECIE DE TELEVISIÓN DE PAGO"

O editor RICCARDO CAVALLERO conta a Juan Cruz en El País: [El poder pasa al lector, que es quien decide lo que quiere, cuándo lo quiere, cómo lo quiere y a qué precio. E-BOOK: El e-book como tal no vale nada. Ya nace viejo. Lo importante es la revolución digital ESCRITOR: La revolución digital es un cambio impresionante, pero lo que no cambiará durante un tiempo largo de este camino es la forma de creación, de escribir. Lo digital no va a influir en esto a corto plazo. El escritor hará experimentos. Ya se han hecho libros... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 16:03 - Commentaires [0] - Permalien [#]
dimanche 13 mars 2011

PILLADO NA FOTOGRAFÍA

SUSAN SONTAG aprendeunos en Sobre a fotografía (Edhasa, 1975) que «as persoas, vistas a través das imaxes, son iconas de si propias». Francisco Pillado coñece o poder verificador da fotografía, pero vén de magnificalo ata a desproporción. O director de Laiovento colleu hai uns anos un inadvertido premio Repsol e ergeuno ata as ambicións máis gloriosas dos escritores galegos. Agoraque lle chegou a quenda de organizalo novamente botou a súa xeira ao contenedor de inorgánicos porque entende que «non sería coherente» que el acabase... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:47 - Commentaires [2] - Permalien [#]
samedi 12 mars 2011

DESAPARECER

Todo o que busca agora John Fitzgerald Kennedy é tranquilidade. Aínda que semelle o contrario, o home que se bañaba en masas e se secaba en apertas e bicos, quere estar so. Na compañía de Jacqueline. O atentado de Dallas retraeuno moito. “Unicamente reparas na importancia fonda da vida nese intenso e confuso intre en que a perdes”, comentábame mentres pescabamos na costa. Prohibiume revelar o lugar no que fixou a residencia dende que abandonou todo por mor dos balazos de Oswald, polo soamente desvelarei que fica nun lugar ao sur de... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 01:45 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :