vendredi 11 mars 2011

LA VOZ DE GALICIA TRIUNFA NOS PREMIOS NOVACAIXAGALICIA

Novacaixagalicia: [O xurado dos premios de xornalismo Novacaixagalicia, presidido por Alfredo Conde, reuniuse este venres en Pontevedra para fallar la XXXII edición do Premio de Periodismo Julio Camba e a VIII edición do Premio de Xornalismo Francisco Fernández del Riego. Os gañadores deste ano son, respectivamente, Ramón Pernas, polo artigo ‘El lobo de Cee’ publicado en La  Voz de Galicia o 6 de outubro de 2010, e Xosé Carlos Caneiro, pola columna ‘Sumar, Ana’ publicada en La Voz de Galicia o 28 de setembro de 2010.]
Posté par Jaureguizar à 15:41 - Commentaires [10] - Permalien [#]

vendredi 11 mars 2011

ANDAR DE COSTAS REXUVENECE

ESTOU CERTO de que camiñar cara atrás rexuvenece. Por iso, se non levo présa, camiño para atrás pola rúa. Ao primeiro, a xente que se cruza comigo mírame coma se fose un tolo, pero logo se fan á idea de que actúo de figurante para alumnos da Escola de Imaxe e Son que están gravando unha curtametraxe. Nada que ver con iso. Ando de costas para avanzar vagarosamente contra o tempo, para retrasar o reloxo do móbil ou, cando menos para que os díxitos non cambien. A pasada fin de semana, a falta de entretemento mellor —porque non me... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 01:07 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :
vendredi 11 mars 2011

PRNOTICIAS: "VOCENTO RESPALDA A RUBIDO PERMITÍNDOLE FICHAR A VENTOSO"

PRNOTICIAS: [La llegada de Ventoso –que ha pillado por sorpresa a la redacción donde muchos directivos decían esta tarde desconocer el fichaje- se puede interpretar como un espaldarazo de la Dirección de Vocento a la gestión de Rubido, quien ha debido enfrentar 25 despidos durante lo que va de año. Fuentes consultadas en la redacción de la centenaria cabecera indican que desde Vocento siempre han sido reacios a reforzar a los directores con gente de su confianza. No pasó con José Antonio Zarzalejos ni con Ángel Expósito. De llegar a... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:43 - Commentaires [0] - Permalien [#]
vendredi 11 mars 2011

FILIPE DÍEZ: "A CULTURA GALEGA DEIXOU DE DAR A BATALLA CONTRA A POLÍTICA CULTURAL DA XUNTA?"

Filipe Díez, en Enredando: [Tendo en conta que, hai agora pouco máis dun ano, os once escritores galegos gañadores dos Premios Nacionales de Literatura asinaban un escrito esixindo a demisión do Conselleiro de Cultura e Turismo significa a clamorosa soedade de Agustín Fernández Paz e de Pancho Pillado que a maioría do mundo cultural galego decidiu deixar de dar a batalla contra a política cultural da Xunta? Debe interpretarse a actitude da AEG e da AELG como un paso máis nese sentido? Nun contexto de crise e de dependencia do mundo... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:36 - Commentaires [3] - Permalien [#]
jeudi 10 mars 2011

XURXO SALGADO: "VENTOSO MARCHA DA VOZ PARA ABC"

Xurxo Salgado, en Galicia Confidencial: [O ex director de Diario 16 e xa ex adxunto á Dirección en La Voz de Galicia, Luis Ventoso, acaba de deixar o cargo para incorporarse como Adxunto á Dirección de ABC, xornal que agora dirixe quen foi tamén ex director de La voz, Bieito Rubido.]
Posté par Jaureguizar à 00:31 - Commentaires [0] - Permalien [#]
jeudi 10 mars 2011

O DIRECTOR DE SITGES, IMPUTADO POR EXHIBIR 'A SERBIAN FILM'

Jesús García e José Ángel Montañés, en El País: [Un juez de Vilanova i la Geltrú (Barcelona) ha imputado al director del Festival de Cine de Sitges, Ángel Sala, por permitir la exhibición de la película A Serbian film, que incluye escenassimuladasde sexo con menores. El titular del juzgado ha atendido la petición de la Fiscalía y ha llamado a declarar como imputado a Sala por un presunto delito de exhibición de pornografía infantil. La investigación ha causado polémica en el sector: media docena de directores de festivales de cine de... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:21 - Commentaires [0] - Permalien [#]

mercredi 9 mars 2011

PILLADO RETIRA A FALA A LORENZO E QUEDA FÓRA DO PREMIO REPSOL

Alberto Ramos conta en Xornal: [Pillado, quen este ano non formará parte do xurado nin participará no desenvolvemento deste certame, que convoca cada ano a Fundación Repsol en colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a editorial Galaxia. A marcha de Pillado tería, non obstante, a súa orixe nos desencontros con Anxo Lorenzo. “Un día recibín unha chamada da organización para falar da nova edición. Dicíanme que tiña que ir a unha xuntanza con Anxo Lorenzo e eu dixen que non ía. Entón dixéronme que o pensara ben e eu... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 13:05 - Commentaires [0] - Permalien [#]
lundi 7 mars 2011

GASOLINA

Wittgenstein vive bastante feliz na súa cabana de pescadores en Galway. Afirmar que vive é unha noticia no seu caso porque seis dos seus irmáns acabaron en psiquiátricos ou suicidándose e o outro quedou manco dun bombazo, aínda que se consolaba interpretando a composición man esquerda que lle ideara Maurice Ravel. A Wittgenstein agrádanlle pouco as visitas, polo que parei pouco. Unicamente me acheguei ata a costa escocesa para consultarlle pola crise libia. Estou preocupado, apartemos a un lado o cinismo, polo prezo da liberdade: é... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 16:34 - Commentaires [0] - Permalien [#]
lundi 7 mars 2011

ÁS CARREIRAS POLAS CADEIRAS

MARILAR Aleixandre contradícese cando reclama que medre o número de mulleres na Real Academia Galega para denunciar, asemade, que a femineidade non pode ser un reclamo para merecer a honra. A escritora leva razón en ambas as afirmacións, pero, formuladas de vez, a segunda rabuña enerxías da primeira. Sería un paso adiante que tres mulleres -hai ruxe ruxe coa propia Aleixandre, Dolores Vilavedra e María Xosé Queizán- ocupasen as tres prazas libres na casa Pardo Bazán.Será inevitable que os sectores máis adormentados polas feromonas... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 13:26 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :
dimanche 6 mars 2011

PERDIDO NAS MARISMAS

DE JOHN GALLIANO afirmaría que padece esa tolemia estúpida dos borrachos que os empuxa a berrar o que pensan e o que non. Non me explico a súa reincidencia en loubar a Hitler e a súa piromanía cos xudeus cando o propio deseñador reuniría bastantes requisitos para acabar en Buchenwald de ter nacido tres décadas antes. Galliano é un bocapodre, pero non se lle pode negar o talento para vestir mulleres, o sentido infindo do espectáculo nin o gusto para a diversión. Supoño que o deseñador é un habitual de Les Marais porque os dous vídeo... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 17:34 - Commentaires [1] - Permalien [#]
Tags :