XURXO SALGADO, en Galicia Confidencial: [José Luis Gómez deixa a dirección de Xornal de Galicia. Esta decisión chega tras os consellos de Jacinto Rey, o empresario dono de Xornal de Galicia a través de Udramedios, a división de medios de comunicación do Grupo San José. Uns consellos que chegan tras unha tensa conversa que o secretario xeral do PP, Mariano Rajoy mantivo con Rey. E é que o líder popular montou en cólera tras a publicación por parte de Xornal e do diario Público dunha fotografía na que aparecía a bordo do iate Moropa, pertencente ao clan de Os Caneos de Cambados, con varias xeracións de condenados por tráfico de drogas. E a reacción inmediata foi chamar a Jacinto Rey para pedir explicacións por esta información.]