vendredi 1 avril 2011
GÓMEZ DIMITIU ...E XA HAI QUEN PULA POR EIRÉ PARA DIRIXIR XORNAL
O director de Xornal, José Luis Gómez, dimitiu esta mañá e hai quen xa pula para que o exdirector e actual conselleiro delegado da Nosa Terra Afonso Eiré sexa quen dirixa o diario. Non lle faltan experiencia nin fidelidade ao editor.
vendredi 1 avril 2011
GALICIA CONFIDENCIAL: "JACINTO REY BOTA A GÓMEZ POR INDICACIÓN DE RAJOY"
XURXO SALGADO, en Galicia Confidencial: [José Luis Gómez deixa a dirección de Xornal de Galicia. Esta decisión chega tras os consellos de Jacinto Rey, o empresario dono de Xornal de Galicia a través de Udramedios, a división de medios de comunicación do Grupo San José. Uns consellos que chegan tras unha tensa conversa que o secretario xeral do PP, Mariano Rajoy mantivo con Rey. E é que o líder popular montou en cólera tras a publicación por parte de Xornal e do diario Público dunha fotografía na que aparecía a bordo do iate Moropa,... [Lire la suite]