MANUEL BRAGADO: [Semellaría que Jacinto Rey, o propietario do medio, non puido resistir máis as presións da dirección dun Partido Popular moi anoxado por unha información, publicada inicialmente en Público, pouco afortunada para quen é probable sexa elixido como presidente do Goberno. No entanto, creo que a saída de Gómez da dirección do xornal ter máis que ver coa nova fase do proxecto que o propietario pretende abrir no medio, tras o nomeamento de Alfonso Paz Andrade como novo conselleiro delegado da empresa, sendo a foto do Moropa a pinga que reborda un vaso que hai tempo se pretendía derramar sobre a mesa.]