dimanche 3 avril 2011
BRAGADO, SOBRE GÓMEZ: "A FOTO DE RAJOY FOI A PINGA"
MANUEL BRAGADO: [Semellaría que Jacinto Rey, o propietario do medio, non puido resistir máis as presións da dirección dun Partido Popular moi anoxado por unha información, publicada inicialmente en Público, pouco afortunada para quen é probable sexa elixido como presidente do Goberno. No entanto, creo que a saída de Gómez da dirección do xornal ter máis que ver coa nova fase do proxecto que o propietario pretende abrir no medio, tras o nomeamento de Alfonso Paz Andrade como novo conselleiro delegado da empresa, sendo a foto do Moropa... [Lire la suite]
dimanche 3 avril 2011
UN CABALO TROTA NA NÉBOA
AZNAR retomou os trendingtopics sobre este pobo asegurando que Rajoy ten «capacidade de resolución e capacidades para ser presidente, o que pasa é que ten a súa forma de ser, a súa condición de galego». Deberíamos ir asumindo que o imaxinario español non se moveu un mílimetro a respecto dos galegos, como ben feriu Rosa Díez e cruelmente refrendou Arcadi Espada. Como consecuencia desa visión, non compran a nosa literatura moderna senón llela envolvemos no celofán da néboa, os verdes prados, o contrabando e os percebes da Costa da... [Lire la suite]
dimanche 3 avril 2011
UNHA SOPA URTICANTE
HOUBO UNHA primavera, coma esta que comezou abrindo os ceos en soles e aguas, na que o meu amigo Gonzalo me chantaba unha sopa de ortigas cada vez que me convidaba a comer. Cando un cociñeiro tendente a experimentar te convida a comer debes de asumir que o motivan tanto a amizade cara ti como o devezo de que alguén probe e aprobe os seus equilibrios de ensaio/erro.
Ao primeiro, a acidez facíame incómodo aquel caldo fresco, pero debo recoñecer que o meu esforzo de probador sumiso favoreceu unha mellora notable na arte culinaria do... [Lire la suite]