Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
7 avril 2011

MANIFESTO POLAS MULLERES NA RAG: "QUEREMOS ESTAR AÍ PORQUE É DE XUSTIZA"

MANIFESTO POLA ENTRADA DAS MULLERES NA RAG: [Resulta indigno mesmo ter que sequera argumentar o inxusto e innobre desta situación. Nestas alturas da nosa historia non abondan as cadeiras todas da Rúa Tabernas para dar acubillo ás mulleres de tantas xeracións que teñen méritos máis que sobrados para ocupar o seu posto. As nosas voces diversas deben de ser escoitadas, as nosas voces transformadoras e críticas, aló onde a lingua se decide, aló onde se debate a súa supervivencia que é tamén nosa. Non queremos ficar máis excluídas da historia, non queremos que as escritoras e estudosas do futuro teñan que buscarnos, como fixemos nós coas nosas devanceiras, entre o cascallo condescendente das palabras dos homes ou nos fondos máis escuros das bibliotecas. Queremos estar aí porque é de xustiza.]

Publicité
Publicité
Commentaires
S
Penso eu que o erro en tudo isto é considera-la aptitude unha cuestión de sexo. <br /> Hai non demasiado pretendeuse facer igual co Nobel de Literatura: equilibrar. Non se daban conta de que, por cada escritora (boa ou non, semella que non importa) non premiada, habería, moi probablemente, un bo escritor non premiado. Joseph Conrad nunca o levou. Quen vai diante na cola de reclamacións, pois? O premio fora inxusto. Con todos.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité