samedi 9 avril 2011

FILOSOFÍA ÁS FINAS HERBAS

UN AMIGO que estudaba Filosofía en Santiago deseñou para min unha imaxe belísima. Contou que Nietzsche toleara de xeito tan exacerbado contra a fin da súa vida que se botaba ao campo para bailar cun tutú. Nunca dei comprobado ese conto, pero tampouco me importou. Esta semana René Redzepi voou ata Vitoria co seu equipo -un portugués, un norteamericano, un sueco, un australiano e un británico- como se fosen forzas das Nacións Unidas interpoñéndose entre os partidarios da culler e os partidarios da escuma, entre os sobrios aos que acouga... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:24 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :

samedi 9 avril 2011

POUCAS MULLERES, NINGÚN LIX

Héctor Pena conta en Xornal: [O manifesto presentado por 52 escritoras demandando unha maior presenza feminina na Real Academia Galega (RAG) deitou luz sobre unha realidade de sobra coñecida: das 26 cadeiras que hoxe están ocupadas na Academia, tan só catro están ocupadas por mulleres, o que supón un 15,38% de representación feminina sobre o total do plenario da institución. Non obstante, a minorización da muller no eido académico non é exclusiva de Galicia, pois no resto do Estado a situación é moi similar. Así, as institucións... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 01:04 - Commentaires [0] - Permalien [#]