dimanche 10 avril 2011
A COTA NECESARIA DE DÚAS ACADÉMICAS
A RAG leva anos actualizándose, aínda así ten unha lastra escura que debería remover canto antes: a escaseza de mulleres. Xa somos 300 os que pedimos que as dúas cadeiras por cubrir sexan para académicas. A cota é precisa para reequilibrar esta anomalía.
dimanche 10 avril 2011
MACHO 256, LUNA 101, BRANCO 19
Xornal: [O produtor, distribuidor e exhibidor Enrique González Macho as eleccións para presidir a Academia de Cine, impoñéndose con 256 votos ao cineasta Bigas Luna que conseguiu 101. En branco rexistráronse 19 votos. O fundador de Alta Films e propietario dos cines Renoir releva no cargo a Álex de la Iglesia, mentres que a actriz Marta Etura e a directora e guionista Judith Colell, que concorrían con González Macho na mesma candidatura, ocuparán os cargos de vicepresidentes primeiro e segundo, respectivamente, en substitución de... [Lire la suite]
dimanche 10 avril 2011
NINGUÉN FALA SOBRE NÓS
XOSÉ CARLOS CANEIRO aseguraba a semana pasada que «os escritores galegos somos pouco máis ca biografías». A reflexión é interesante, pero nin estou certo de que trascendamos rexistros vitais nin estou certo de que debamos transcendelos. Tendo en conta que a maioría dos autores deste país gozan de experiencias vitais trazadas por rutinas homologables á de calquera, mesmo estamos de máis como biografados. Non quixera desmerecer a apreciación de Caneiro, pero non somos Hemingways buscando a cara bifronte do Ianus da morte e da aventura... [Lire la suite]