Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
18 avril 2011

A DESPROMOCIÓN DOS MESTRE MATEO

A Academia Galega do Audiovisual ten que reconsiderar a promoción dos Mestre Mateo. Todos os premios ou declaracións que interesan que sexan tratados nos medios impresos co espazo e as características que merecen adoitan ser comunicados por parte dos organizadores nunha nota embargada, é dicir, nunha información que se envía co compromiso de que será xestionada para que apareza ao día seguinte nos xornais e que non se vai filtrar. Esa comunicación facilita que os redactores poidan exercer o seu labor co tempo e a dedicación precisos. A maiores, posibilita que se trate máis folgadamente esa información. Onte tiven que seguir a entrega de premios a través de @jairoiglesias e escribir a contrapé porque non se remitiu aos periódicos unha nota embargada. Xa sei que fago cousas estrafalarias e desacougantes para conseguir a información, pero este mes tocáronme poucas coma esa.

Publicité
Publicité
Commentaires
J
O motivo non foi ese, Sacana. O motivo foi gardar o segredo ata o final. Pero pode gardarse igual se remites a nota aos xornais e soamente aos xornais ás 20.00 ou ás 21.00. <br /> Levas razón no que dis dos libros, e é triste, pero este acto é moi importante para os medios galego e este ano había tres películas potentes en competición.
Répondre
S
Tal vez non se molestaron en remitir esa famosa nota embargada ó non crer que ninguem fose prestarlle atención ningunha. Con demasiada frecuencia, os medios non prestan a debida ó que se fai aquí, agás se é algo "folclórico". <br /> Teño visto presentacións de libros para a prensa unicamente á que non comparece un só xornalista.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité