MANUEL LOURENZO, en Galicia Hoxe: [O escritor recibiu a noticia (do Premio O Barco de Vapor) con ledicia, pero tamén con certo escepticismo. "No aspecto persoal é un recoñecemento que me enche de honra e orgullo. Pero, como escritor, non vai mudar o meu status na literatura galega. Non digo que mereza ter máis, a cuestión é que recibín antes outros premios, e non supuxeron practicamente nada. O panorama está así. É un premio, ademais, nese sentido, que non ten un lugar especial na literatura galega", reflexionou.]