Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
21 avril 2011

O HIMNO ESPAÑOL DE AC/DC

O nacionalismo español está presentando manifestacións enfermizas. O ambiente producido artificialmente polo TDT Party está animando a adoptar decisións exacerbadas, mesmo, e iso é o máis repobable, por parte das institucións. Preocupeime polo ideario democrático das persoas que decidiron atroar coa cacofónica Marcha granadera a uns afeccionados ao fútbol que pretendían asistir a un partido. A volta de parafuso que deu o goberno español á politización dun espectáculo deportivo, excesivamente politizado de seu, non me resultou soamente autoritaria, senón tamén contraproducente a respecto da finalidade perseguida. Non se pode tratar unha expresión democrática de vontade independentista coma se fose unha perrencha dun ditador centroamericano. 120 decibelios non cumpren para silenciar un desexo tan interiorizado.

Publicité
Publicité
Commentaires
J
Boas, Doink. Como ben di, teño un blog aberto no que permito as opinións. Dos milleiros que levan feito nestes cinco anos, soamente borrei dúas (por seren burradas, unha dirixida a min e outra a un recén cadáver. Vostede adoita ser pouco amable comigo (certo que correcto sempre) e nunca lle censurei nada. Outra cousa é que conteste. Se non o fago, na maioría das veces é por escaseza de tempo. Gústame contestar antes de que os temas perdan actualidade, e non sempre dou chegado. Outras veces é porque estou de acordo co que din e está de máis e outras porque considero que non teño nada que apuntar. No caso concreto de Sacana, expresou educadamente a súa discrepancia e eu creo que lle repliquei do mesmo xeito. Se renunciei a seguir debatindo é porque entendo que as posicións de ambos os dous quedaron claras.
Répondre
D
Jaureguizar, coido eu que debe entender que, se ten un blog aberto a respostas, trátase de lidiar con todas (aquelas que expresen un razoamento, fóra exabruptos e ofensas, que non é o caso, polo que pode lerse), non só coas que lle parezan ben.
En cambio, vostede case nunca conversa coa xente que comenta no seu blog; como moito, resposta ós que pensan igual ca vostede. Ós que non, de contado os deixa de lado, con iso de que "o enguedellan". Cando a gracia está nas posicións opostas; do contrario, é todo monólogo.
É un consello. Pénseo.
Répondre
S
Lonxe da minha intención enredar con ninguén. Trátase de razoar.
Eu sigo a pensar que os organizadores fixeron o que podían facer. Iso, ou prohibir a entrada a esa xente ó estadio, que non sería idea moi atinada, que digamos.
Xa lle digo que, acerca de independentismos, son escéptico. Non lles vexo sentido no ano 2011 e sendo o mundo como é hoxe. Paréceme coisa do corazón, cando ter um pais implica saber o que se fai. E os que piden marchar non parecen sabelo. De tódolos xeitos, nunca lles deixarán partir; a inestabilidade que caracteriza ós mais deses individuos podería convertelo todo nun polvorín. E, aínda que lles deixaran, non adiantarían nada. Cando as cousas seguiran a irlles mal, a quem culpabilizarían?
Répondre
J
Estou deixando enguedellar. Volvo ao primeiro, non é moi educado pitar un himno, pero é paranoico por parte das autoridades subir o volume ao extremo para que agochar que moitos cataláns queren apearse de España.
Répondre
S
Logo é porque se trata dunha marcha militar. O himno galego non o é. Se o fora...
O que fixo a federación española foi o único que podía facer. Non podían arriscarse a dar unha imaxe espantosa (non no sentido portugués) ó mundo por causa desa xente. Eu máis ben me metería cos que armaron o barullo. Que ás veces non chega o sangue ás cabeças.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité