jeudi 21 avril 2011
O HIMNO ESPAÑOL DE AC/DC
O nacionalismo español está presentando manifestacións enfermizas. O ambiente producido artificialmente polo TDT Party está animando a adoptar decisións exacerbadas, mesmo, e iso é o máis repobable, por parte das institucións. Preocupeime polo ideario democrático das persoas que decidiron atroar coa cacofónica Marcha granadera a uns afeccionados ao fútbol que pretendían asistir a un partido. A volta de parafuso que deu o goberno español á politización dun espectáculo deportivo, excesivamente politizado de seu, non... [Lire la suite]
jeudi 21 avril 2011
LOURENZO: "OS PREMIOS NON MELLORAN O MEU STATUS"
MANUEL LOURENZO, en Galicia Hoxe: [O escritor recibiu a noticia (do Premio O Barco de Vapor) con ledicia, pero tamén con certo escepticismo. "No aspecto persoal é un recoñecemento que me enche de honra e orgullo. Pero, como escritor, non vai mudar o meu status na literatura galega. Non digo que mereza ter máis, a cuestión é que recibín antes outros premios, e non supuxeron practicamente nada. O panorama está así. É un premio, ademais, nese sentido, que non ten un lugar especial na literatura galega", reflexionou.]