Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
29 avril 2011

A SEGUNDA CAMA

Estou certo de que Shakespeare nunca se recuperou de todo daquela derradeira troula que o deitou. Botou tres días bebendo, cantando e lembrando anécdotas de Fletcher, o empresario que mesmo rexentaba unha inmobiliaria ca un teatro ou un prostíbulo. Shakespeare segue amando a eito a vida malia que os excesos lle sentan a cada volta peor. Acudín á taberna de Depford, onde sei que se cita con Christopher Marlowe. Ambos os dous gustan beber cervexa a boca de xarro e de maldizer as vodas reais. William e Kate foron a diana das metáforas crueis, das esaxeracións e das flatulencias rexicidas. De Marlowe -enxeñoso ateo, consciente blasfemo, orgulloso homosexual e rifeiro consagrado- non agardaba dondura. Sorprendeume Shakespeare actuando de bocapodre antimonaquía. El garda consideración maior polas distincións, porque non parou ata apañar un título para o pai, o luveiro luxado. Non hai máis que lerlle respecto co que trata aos reis nas súas obras; mesmo zumega consideración polo cruel Ricardo III. Reparei daquela en que ao dramaturgo non lle amolaba a coroa, senón o matrimonio en si. O dramaturgo, que casou con 18 anos cunha señora de 26 coa que nunca foi compatible, debe de estar arelando correr onda William e advertilo de que non case. Non pode facelo porque todos se convenceu de que está morto. Pero si, ese debe ser o motivo. El nunca se divorciou de Anne Hathaway, pero deixoulle no testamento “a segunda das miñas mellores camas”.



 

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité