vendredi 29 avril 2011

A SEGUNDA CAMA

Estou certo de que Shakespeare nunca se recuperou de todo daquela derradeira troula que o deitou. Botou tres días bebendo, cantando e lembrando anécdotas de Fletcher, o empresario que mesmo rexentaba unha inmobiliaria ca un teatro ou un prostíbulo. Shakespeare segue amando a eito a vida malia que os excesos lle sentan a cada volta peor. Acudín á taberna de Depford, onde sei que se cita con Christopher Marlowe. Ambos os dous gustan beber cervexa a boca de xarro e de maldizer as vodas reais. William e Kate foron a diana das metáforas... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 01:39 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :

vendredi 29 avril 2011

PRINCESA

UNHA DAS necesidades máis bonitas e secretas do cerebro é a sede de contos. Vivimos en función deles. Unha amiga botou anos agardando a que alguén acertase cunha palabra clave para casar con el. O 29 de xullo de 1981 a miña avoa Aurora sentou fronte ao televisor logo de erguerse para vivir unha prolongada éxtase anglófila de catro horas coa voda de Carlos e Diana. Dous amigos, un do Madrid e outro do Barça, subiron os seus corazóns a unha montaña rusa de entusiasmo e decepción neste longo ‘Cantar de los cantares’ no que se os seus... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 01:34 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :