lundi 18 avril 2011

ANSEDES, O DETECTOR DE FUGAS

As redaccións dos xornais e as editoriais están habitadas por uns seres que se arredran a un curruncho e a uns horarios serodios, como se quixesen obviar que a súa función é tan inocua como se pensa. O corrector móvese polas páxinas coa intuición dun experto fontaneiro, debe ter a vista afiada para detectar a fuga. Henry Miller, que foi un deles, sentenza en Trópico de Cáncer (Galaxia), que “un bo corrector de probas parécese algo a Deus Todopoderoso: está no mundo sen pertencer a el”. Miller, que logrou un posto que o quitou da... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 21:46 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :

lundi 18 avril 2011

E O MELLOR RESTAURANTE DO MUNDO É...

The S.Pellegrino World's 50 Best Restaurants Awards ceremony has now started at The Guildhall, London. The results will be revealed here in reverse order as they are announced with information about each restaurant and links to all the restaurants featured in the TOP 50. Check back shortly....
Posté par Jaureguizar à 21:42 - Commentaires [0] - Permalien [#]
lundi 18 avril 2011

A DESPROMOCIÓN DOS MESTRE MATEO

A Academia Galega do Audiovisual ten que reconsiderar a promoción dos Mestre Mateo. Todos os premios ou declaracións que interesan que sexan tratados nos medios impresos co espazo e as características que merecen adoitan ser comunicados por parte dos organizadores nunha nota embargada, é dicir, nunha información que se envía co compromiso de que será xestionada para que apareza ao día seguinte nos xornais e que non se vai filtrar. Esa comunicación facilita que os redactores poidan exercer o seu labor co tempo e a dedicación... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:22 - Commentaires [2] - Permalien [#]
dimanche 17 avril 2011

18 COMIDAS, 7- CREBINSKY, 3

 ‘18 comidas’, de Jorge Coira, foi a vencedora nos Mestre Mateo, que entregou a Academia Galega do Audiovisual en Ourense. O filme do lucense alzouse con sete glardóns, deixando a ‘Crebinsky’ con tres. Os premios foron OBRA INTERACTIVA. Galegolab, de Galegolab OBRA EXPERIMENTAL. Manuscritos Pompeianos, de Marcos Nine Búa PREMIO REVELACIÓN CHANO PIÑEIRO, Oliver Laxe CURTAMETRAXE DE ANIMACIÓN. Gato encerrado, de María Helena Varela Sánchez e Silvina Cornillón CURTAMETRAXE DE FICCIÓN. Xoel y los X-Men, de Zicozine, e... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:53 - Commentaires [0] - Permalien [#]
dimanche 17 avril 2011

DÉASE A VOLTA (DE ROSSINI A CARÊME)

MOITAS VECES relaciono a música coa cociña. Cada vez que penso en alguén que se dea xeito cunha desas disciplinas, concordo comigo mesmo en que ten que ser talentoso na outra. Relaciónoas porque requiren sentido da proporción e do manexo dos elementos. Ou iso me digo para convencerme. No fondo, teño que recoñecer que tan torpe nunha como na outra. Esta reflexión veuseme o martes comendo en Narón uns canelóns á Rossini. O compositor era un cociñeiro entregado, tanto que interpretaba a realidade a través da gastronomía. «O apetito... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 17:50 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :
jeudi 14 avril 2011

INTRIGAS

KATE MIDDLETON encargou tres vestidos para a súa voda con Guillerme. A noiva amosa un sentido narrativo que lle vai render no futuro cometido. Semella esta aprendendo ao pé da letra o guión que vai desenvolver o resto da vida porque encarnar un papel no elenco da monarquía británica ten unha amplia dimensión dramática. Middleton comportouse como a produtora de Sin tetas no hay paraíso, que rodaron dous finais: no primeiro, O Duque morría dun balazo en brazos de Cata e no segundo, fuxía con ela. O cerebro humano está programado... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:47 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :

mercredi 13 avril 2011

A CASA DE ATRÁS DE ANA FRANK

La Voz: [A versión online da casa na que viviu a nena xudía Ana Frank (1942-1944) en Amsterdam, no Prinsengracht, foi nomeada para dous Webby Awards, os premios máis importantes do mundo no terreo das obras na web. A casa orixinal da familia Frank era en realidade o seu agocho, camuflado, denominado pola propia Ana a 'casa de atrás» ata que foron descubertos polos nazis. Anna foi deportada e morreu de tifus no campo de exterminio de Bergen-Belsen en 1944. A páxina www.annefrank.org permite a visita guiada por todos a cuartos da casa... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:22 - Commentaires [2] - Permalien [#]
mardi 12 avril 2011

RODRÍGUEZ BRAUN: "NO HUBO NIÑOS ROBADOS, LOS DABAN EN ADOPCIÓN"

CARLOS RODRÍGUEZ BRAUN, nunha columna humorística en La Razón: [Hemos visto muchas noticias sobre el «robo de niños», con un mensaje claro: personas malvadas, en general monjas y curas católicos, se dedicaron a robar niños, un auténtico horror. Pero, un momento, señora: ¿usted se dejaría robar un hijo? Es imposible. Entonces, ¿cómo pudieron tantos niños ser robados? Respuesta: no hubo tales robos. Ninguna madre consiente que su hijo sea robado. Sospecho que ha sucedido otra cosa. Sospecho que se trataba de solteras embarazadas que... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:27 - Commentaires [2] - Permalien [#]
mardi 12 avril 2011

O IMPORTANTE DO PERIODISMO NON É SABER E CONTAR, SENÓN SABER E CALAR

IAGO MARTÍNEZ, en Xornal: [ Non hai noite tan longa (Xerais) será a primeira que Fernández Paz publique sen prescricións de idade para os lectores. Tecnicamente será a súa primeira novela para adultos. “É inevitábel que se vexa como un segundo debut”. Debe ser o abecé do seu oficio. Non hai noite tan longa conta o regreso de Gabriel Lamas, un home de 50 anos asentado en París, á vila galega na que naceu. É a primeira vez en trinta anos que pisa a súa terra. Non volveu nin sequera para darlle sepultura ao pai, condenado e encarcerado a... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 22:58 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mardi 12 avril 2011

TINTIMÁN TEN (MÁIS!!!) SEDE DE AVENTURA

Tintimán tenme escravo do seu éxito. O seu primeiro libro, Corazón de Chocolate, está en terceira edición; o seguinte, 'A coroa de Napoleón', en segunda. Ando falando con rapaces de instituto agradecidos con el. Especialmente emocionante foi o encontro no IES Terras de Trasancos, de Narón, onde media ducia de rapaces presentóseume vestida dos personaxes de ambas as novelas. Agora Xerais dedicoume un booktrailer. Todo me empuxa a seguir escribindo novelas de Tintimán porque o rapaz pide máis aventura.
Posté par Jaureguizar à 00:19 - Commentaires [0] - Permalien [#]