samedi 2 avril 2011

GÓMEZ FICA EN XORNAL E MARÍA VAL SERÁ A "DIRECTORA EN FUNCIÓNS"

XORNAL: [José Luis Gómez, de mutuo acordo coa empresa editora de Xornal de Galicia e Xornal.com, deu por finalizada no día de onte a súa etapa como director de ámbalas dúas publicacións. Agora, sen se desvincular da empresa, comenza unha nova etapa dende outra dimensión profesional. María Martínez Val subdirectora de Xornal de Galicia, pasa a desempeñar como directora en funcións as responsabilidades que tiña José Luis Gómez.]
Posté par Jaureguizar à 12:14 - Commentaires [0] - Permalien [#]

vendredi 1 avril 2011

GÓMEZ DIMITIU ...E XA HAI QUEN PULA POR EIRÉ PARA DIRIXIR XORNAL

O director de Xornal, José Luis Gómez, dimitiu esta mañá e hai quen xa pula para que o exdirector e actual conselleiro delegado da Nosa Terra Afonso Eiré sexa quen dirixa o diario. Non lle faltan experiencia nin fidelidade ao editor.
Posté par Jaureguizar à 22:29 - Commentaires [0] - Permalien [#]
vendredi 1 avril 2011

GALICIA CONFIDENCIAL: "JACINTO REY BOTA A GÓMEZ POR INDICACIÓN DE RAJOY"

XURXO SALGADO, en Galicia Confidencial: [José Luis Gómez deixa a dirección de Xornal de Galicia. Esta decisión chega tras os consellos de Jacinto Rey, o empresario dono de Xornal de Galicia a través de Udramedios, a división de medios de comunicación do Grupo San José. Uns consellos que chegan tras unha tensa conversa que o secretario xeral do PP, Mariano Rajoy mantivo con Rey. E é que o líder popular montou en cólera tras a publicación por parte de Xornal e do diario Público dunha fotografía na que aparecía a bordo do iate Moropa,... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 20:05 - Commentaires [0] - Permalien [#]