lundi 2 mai 2011
FERNÁNDEZ PAZ: "LEVO MÁIS DE TRINTA ANOS AGARDÁNDOTE"
Soamente Agustín Fernández Paz ten sabedoría cumprida como para montar esceas como a que remata o primeiro capítulo da súa nova novela, 'Non hai noite tan longa'.
[Hai unha cadeira ao pé da galería, e nela está sentado un home que olla a rúa a través dos cristais. A súa imaxe é un tanto borrosa, coma se se tratase dun holograma inestable, mais posúe a suficiente nitidez como para que a recoñeza decontado. Alí está o meu pai, vestido coa mesma roupa que levaba o día en que o vin por derradeira vez.
Fico baleiro de preguntas... [Lire la suite]
lundi 2 mai 2011
CALVEIRO: "A MIÑA XERACIÓN TIÑA A LOIS COMA UN MITO"
MARCOS CALVEIRO fala no Faro da súa biografía de LOIS PEREIRO: [Eu non son xornalista e a min púidome o pudor en moitas ocasións nas que non me atrevín a preguntar moitas cousas. Andaba cunha gravadora e non a empreguei porque me daba vergonza. Despois de darlle moitas voltas, pensei que non quería facer unha biografía ó uso porque, por primeira vez tiñamos un homenaxeado no Día das Letras Galegas que non é ó uso. Quería facer algo distinto e pensei nun guión de cine. Escollín algunhas escenas relevantes da súa vida e recreeinas.... [Lire la suite]
lundi 2 mai 2011
PAREDES GRISES E AMARELAS
As casas dos bos lectores teñen as catro paredes do salón de senllas cores: amarela, gris, negra e branca. Moitos deles dedicaron os últimos 42 anos da súa educación sentimental a seguir o instinto de Jorge Herralde para cazar e reducir a mellor literatura O editor catalán márcaa dende 1969 co selo de Anagrama. As cores clasificaban cada colección: Amarela para as traducións; gris para a narrativa española, negra para o pensamento, e branca para a modernidade salvaxe e o humor superficial. Os lectores adoitamos seguir determinados... [Lire la suite]
lundi 2 mai 2011
GZS (O CABARET BATE RÉCORDS)
Distingiuido público, permita que interrompa o espectáculo para comentar que as súas visitas do mes de abril permitiron bater todos os récords dos seis anos que leva funcionando o Cabaret Voltaire. Moitas grazas. O show continúa...