mardi 3 mai 2011
AGUSTÍN F. PAZ: "SE DOCAMPO OU MIRANDA INGRESAN NA RAG ABRO UNHA BOTELLA DE CHAMPÁN"
AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ concedeume unha entrevista para El Progreso co gallo de 'Non hai noite tan longa'. Mañá aparecerá completa, pero adiántolles algúns titulares:
" A miña xeración ten unha sensación de estafa polo tempo que nos tocou vivir"
"Máis co réxime político, o franquismo marcounos o modo de vida e a ausencia de pautas culturais"
"Escollín a foto de Rosa Parks para capa polo espírito de enfrontar a inxustiza"
"Se Docampo ou Miranda ingresasen na RAG, abriría unha botella do mellor champán"