Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
4 mai 2011

AGUSTÍN F. PAZ (e 2): "A ENTRADA DE AUTORES DE LIX NA RAG SERÍA ALGO SIMBÓLICO"

AGUSTÍN F. PAZ en el Progreso:

A PETICIÓN para que a literatura infantil e xuvenil (LIX) estea representada na Real Academia Galega está medrando con Agustín Fernández Paz como candidato.
—A que ámbitos debería acceder a LIX para a súa normalización?
—Xa se fixo madura, aínda que en España tardou máis en chegar. Hai xente adulta que le este tipo de literatura e non lle caen os aneis. Saben que hai cousas boas, malas e regulares, como nos outros. Os escritores de LIX son máis visibles... se seguimos así, os editores non mirarán se publican nunha colección ou noutra.
—A entrada na RAG dalgún autor sería o paso definitivo?
—Esa polémica anda por aí, pero paréceme máis importante a entrada das mulleres.
—Unha vez haxa académicas, non debería haber autores de LIX?
Sería simbólico e farían unha achega como a doutros ámbitos. Na Academia están todos os sectores, agás a LIX. O importante son as mulleres porque é unha reivindicación histórica. A Academia Española ten mesmo periodistas. Tamén deberían entrar. A linguaxe periodística é importante.
—Obviándoo a vostede. Que lle parece que fagan académicos a Xabier Docampo ou Xosé Miranda?
—Abriría unha botella do mellor champán.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 426
Publicité