jeudi 5 mai 2011

A FUNDACIÓN DA CRÍTICA CONTESTARÁ A BIEITO LEDO COMO INSTITUCIÓN

O presidente da Fundación dos Premios da Crítica XOSÉ GONZÁLEZ iniciou consultas con oito dos outros nove membros que rixen a entidade para contestar ao vicepresidente, Bieito Ledo. O presidente desiste de facer unha resposta persoal e optou pola vía institucional. Anunciou que dará reposta nuns días. Canto a Bieito Ledo, remitiuse ao seu comunicado no asunto dos Premios da Crítica e retou a Xosé González a desmentir as súas aseveracións. A maiores, asegurou estar recibindo numerosas adhesións á denuncia que formulou.
Posté par Jaureguizar à 17:48 - Commentaires [0] - Permalien [#]

jeudi 5 mai 2011

BIEITO LEDO ACUSA A XOSÉ GONZÁLEZ DE FAVORECER A DESAPARICIÓN DOS PREMIOS DA CRÍTICA

BIEITO LEDO: [Os Premios da Crítica Galicia nacen no ano 1978 ao abeiro do Círculo Ourensán-Vigués sendo presidente Bieito Ledo Cabido e no 1993 constitúese a Fundación dos Premios da Crítica Galicia, pasando a presidila Xosé González Martínez e, como vicepresidente, o que suscribe. Recentemente o actual presidente en funcións, Xosé González Martínez, ante a posibilidade de perder o control desta prestigiosa iniciativa, négase a convocar unha reunión para renovar a directiva, segundo o esixen os estatutos. O pasado día 26 convocou... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 01:10 - Commentaires [0] - Permalien [#]