GALICIA HOXE: VARIOS MEMBROS DA FUNDACIÓN DA CRÍTICA DÉRONSE DE BAIXA
Galicia Hoxe: [Bieito Ledo responsabiliza directamente ao presidente da fundación, Xosé González Martínez da, ao tempo que acusa de pretender liquidala mediante reunións unilaterais das que marxina a unha parte do padroado. Onte, o presidente seguía ilocalizable. A crise, ao parecer, comezou hai xa uns meses como consecuencia, segundo subliñaron algúns dos afectados, dunha cofnrontación que fixo imposible un funcionamento sensato da institución. De feito, varios dos patronos da fundación déronse de baixa desde entón, a maioría deles mediante correos electrónicos nos que explicaban, ademais da súa renuncia, que no seu ánimo non era deixar de colaborar coa fundación. Ledo explicou o luns nunha conversa telefónica que, en calquera caso, o seu comunicado obedece ao seu desexo de que sexa "a sociedade civil a que responda: os centos de persoas que levan participado nos xurados e recibindo os premios". Nestes momentos, os galardóns xa debían de estar convocados -lembraba onte o director de Ir Indo- e determinados cales serían os seus finalistas.]