Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
9 mai 2011

O ABRAZO DO OSO GOMINOLA

 OS MEUS FILLOS deben de ter unha tara ou algo. Non me explico doutro xeito a súa indiferenza a respecto dunha caixa ateigada de lambetadas que conservan nun armario da cociña coma se fose un deses libros de receitas que compraches cun entusiasmo fugaz. Nese totum revolutum conviven doces de todas as razas: Doritos, Chupa Chups, Papá Delta, Matutano... pero eles nin se achegan.A caixa está tan intacta coma unha reserva da natureza e eu bótolle a culpa a esa disciplina educativa medioambiental coa que se linda agora aos cativos. Debe de ser que senten mágoa de papar os osos de gominola que se amorean nas bolsas de Haribo orfos de toda consideración e agarimo.

A reserva dos meus cativos non me duraría un avance informativo cando era neno. Case que todo o gusto para a gastronomía infantil marchoume coa enxurrada toldenta dos anos que se despiden, pero daquela sería quen baleirarme unha bolsa de Cheetos pola gorxa abaixo nun único intento. Hai persoas que deron conservado o código gustativo máis intacto e aínda goza dun Phoskito coma se fose un toro de bonito de Burela volta e volta con allo e pirixel machuchados e esmiuzados.

Ás veces sentínme culpable de que os meus fillos me descubrisen mollando no café os seus osos de biscoito recheos de chocolate Lulú porque un, como pai, debe conservar a súa auctoritas culinaria dirixindo os gustos dos fillos cara aos mellores alimentos que sexan quen de pagárense cando sexan adultos. Os rapaces teñen que lembrar no seu día que un lles aprendeu a saborear en todos os matices uns percebes ou o Möet Chandon, pero non que o seu pai os incitaba á inxesta de Bollycao.

 O outro día linlle a David de Jorge, o cociñeiro redondo que presenta Robin Food na Euskal Telebista, que «en San Sebastián hai unha hamburguesería na que todos os nosos xenios dos fogóns se poñen cegos a coca-colas e bocatas con ketchup e mostaza». Tranquilizoume, a verdade. Xa me sinto menos culpable desa clandestidinade coa que gozo da comida que, lonxe de alimentarme, favorece a inxestión e o espallamento de toxinas por cada célula.

 Unha vez que De Jorge destapou esas xuntanzas clandestinas de chefs que sumarían unha constelación de estrelas, no seu cookingweaks soubemos das confesións de Andoni Aduriz e Sergi Arola na súa paixón segreda polas roscas, que imitan as secotas e anisadas que venden cunha capa azucarada en calquera das nosas feiras, pero que se comercializan como Donuts. Aduriz, o mago das herbas e a minuciosidade na confección dos pratos, confesa que «non probei unha rosquiña artesá que iguale ás industriais». Nunca entendín esa inclinación por semellantes bombas calóricas que son tan emepalagosas. Supoño que eles tampouco comprenderían a miña devoción polos osiños, que tanto me ten o formato, sexan a xeito de gominolas ou en biscoito.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 567
Publicité