Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
12 mai 2011

SERGIO LAGO XESTIONARÁ CULTURGAL

CULTURGAL: [A xunta directiva da Asociación Culturgal nomeou o xestor cultural Sergio Lago Varela director da Feira das Industrias Culturais 2011. A convocatoria aberta o pasado mes de marzo para a selección dun profesional do sector que dirixira Culturgal culmina así co nomeamento de Lago, que ven participando na creación e dirección de proxectos no ámbito cultural dende 2003, tanto como empresario como dende o ámbito asociativo, o que, segundo salienta a asociación “lle permite coñecer de primeira man os distintos procesos e axentes que conforman a cadea de valor das industrias culturais, especialmente no ámbito galego, pero tamén no estatal e no internacional”.

O que motivou a decisión final foi que Sergio Lago achega, ademais deses valores compartidos, “capacidade de xestión empresarial e asociativa, un fondo coñecemento de Culturgal que lle permite propoñer solucións moi concretas e unha visión multidisciplinar que se deixaba ver en todo o proxecto e que nos pareceu unha vantaxa clarísima sobre calequera dos outros proxectos que tiñamos sobre a mesa”.]

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité