Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
13 mai 2011

O ENTREMÉS DE HERRERA

EU PREFERIRÍA que Ander Errandonea collese as bolsas de cadros que lle deron en Herrera de la Mancha e marchase para a casa con discrección. Non vou ser cándido e pedirlle unha enmenda á totalidade dos delictos que o mantiveron 25 anos en prisión, pero si que se quite do medio canto antes. El optou por representar o entremés do puño en alto e dese Eusko gudariak, que o meu avó materno cantaba cun motivo maior e unha entoación máis harmónica. Enviaba así unha mensaxe ao outro extremo, recibindo o eco agardado. Os grupos terroristas adoitan acabar como os polismilis, acomodados en Euskadiko Ezkerra, ou como a Baader-Meinhof, naquel pinchacarneiro escuro que Bonn clasificou como «suicidio colectivo». Bildu semella unha caravana de saída pacífica e democrática á que deben subir os que non contradeciron o Código Penal. Outra cousa é que alimente votos opostos fóra do ámbito vasco e que elimine os atrancos que borraran os catro puntos cardinais desa paisaxe política -PNV, Bildu, PSOE e PP- favorecendo varios grupetos de vocación situacionista. Está claro que Errandonea latou nos cursos de plástica do cárcere porque se dá pouco xeito coa caixa de Alpino. Malia todo, celebro que pinte mans votando en vez de machados e serpes.

 

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité