vendredi 13 mai 2011
CURSO 'COMO CARALLO SE ESCRIBE UNHA NOVELA (UN MISTERIO PARA TINTIMÁN)'
Como carallo se escribe unha novela (Un misterio para Tintimán) será o curso que vou impartir o vindeiro día 28 no Spaf de Mister Misto en Vilagarcía de Arousa. Será un curso intensivo dunha unha única xornada na que explicarei o xeito no que eu redacto as novelas (estrutura, ritmo, tramas, personaxes, diálogos, conflitos, documentación, etc.) baseándome no exemplo de Corazón de chocolate. Un misterio para Tintimán en Compostela, polo que agradecería que os que teñades intención de asistir leades a obra.
vendredi 13 mai 2011
O ENTREMÉS DE HERRERA
EU PREFERIRÍA que Ander Errandonea collese as bolsas de cadros que lle deron en Herrera de la Mancha e marchase para a casa con discrección. Non vou ser cándido e pedirlle unha enmenda á totalidade dos delictos que o mantiveron 25 anos en prisión, pero si que se quite do medio canto antes. El optou por representar o entremés do puño en alto e dese Eusko gudariak, que o meu avó materno cantaba cun motivo maior e unha entoación máis harmónica. Enviaba así unha mensaxe ao outro extremo, recibindo o eco agardado. Os grupos terroristas... [Lire la suite]