14 mai 2011
IAGO MARTÍNEZ: "LOIS PERMITE UN DISCURSO DISTANTE COA LITERATURA GALEGA"
IAGO MARTÍNEZ, en Xornal: [Na literatura galega, como me dicía Antón Figueroa, hai moi poucas posicións como as de Lois Pereiro. Posicións críticas, distanciadas de escritores da que se pode chamar da estirpe dos escritores libres, da estirpe de Manuel Antonio. Entón, cando un quere emitir un discurso sobre a literatura galega ou quere manter unha postura distante coa literatura galega, ten pouco onde escoller e unha desas escollas sempre foi Lois Pereiro. Por iso digo que é unha figura máis reivindicada e citada que lida e coñecida.]
Publicité
Publicité
Commentaires