samedi 14 mai 2011

17512: A CIFRA PROBLEMÁTICA DA RAG

A Real Academia Galega ten un problema para as Letras do ano vindeiro: atopar unha figura tan popular coma Lois Pereiro. Nos dez anos que levo cubrindo como xornalista as actividades relacionadas con esta celebración nunca palpei tanta identificación da sociedade. Soamente agardo que o vento siga soprando durante este ano.
Posté par Jaureguizar à 19:28 - Commentaires [0] - Permalien [#]

samedi 14 mai 2011

IAGO MARTÍNEZ: "LOIS PERMITE UN DISCURSO DISTANTE COA LITERATURA GALEGA"

IAGO MARTÍNEZ, en Xornal: [Na literatura galega, como me dicía Antón Figueroa, hai moi poucas posicións como as de Lois Pereiro. Posicións críticas, distanciadas de escritores da que se pode chamar da estirpe dos escritores libres, da estirpe de Manuel Antonio. Entón, cando un quere emitir un discurso sobre a literatura galega ou quere manter unha postura distante coa literatura galega, ten pouco onde escoller e unha desas escollas sempre foi Lois Pereiro. Por iso digo que é unha figura máis reivindicada e citada que lida e coñecida.]
Posté par Jaureguizar à 19:21 - Commentaires [0] - Permalien [#]
samedi 14 mai 2011

21 POTAS QUECÉNDOSE

Nuno Besteiro, en Galicia Hoxe: [Vinte e unha escritoras e escritores galegos, coa máxima diversidade en canto a sexo e xeración, xénero literario e ata zona xeográfica. Homes e mozas, rapaces, señoras, da aldea, na cidade, na costa, do interior. Son algunhas das máis representativas e puxantes voces das nosas letras actuais. Autoras de ensaio e de literatura dramática, narradores, poetas, cultivadores de literatura infantil e xuvenil. Unha variada riqueza a través de ollos multiplicados, a través de perspectivas o suficientemente... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 19:17 - Commentaires [0] - Permalien [#]