Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
16 mai 2011

SERVIZOS DE INTELLIGENTSIA

CANDO O CONDE de Gondomar coñeceu a Shakespeare —tiveron que coincidir naquela corte de vestidos bordados e cagadas de galiña que era o Londres de 1613—, estou certo de que lle preguntou por Christopher Marlowe, que debía de ser tan salvaxe e imantador coma o Anthonny Burgess o debuxa en Un hombre muerto en Deptford (Alfaguara). Morrera vinte anos atrás por mor dunha daga que lle cruzou o ollo dereito á moda de Bin Laden. Marlowe andaba enlamado coma axente secreto nas renarterías que se cruzaban protestantes e católicos, ingleses e escoceses. A espionaxe sempre lle fixo as beiras á literatura, coma cando a CIA roubou un manuscrito de Doutor Zhivago a Boris Pasternak para fotografalo folio a folio e publicalo en Amsterdam. Outras veces foron os autores quen se interesaron na espionaxe, e non me refiro soamente aos meus amados John Le Carré e Graham Greene, nin sequera a Salinger ou Roald Dahl -que fixeron imaxinarias nas redes da intelixencia antinazi na Segunda Guerra Mundial-. Disque Daniel Dafoe creou o antecedente do MI5 ao argallar unha rede de informadores probritánicos aproveitando as viaxes. Justo Navarro especula agora en El espía (Anagrama) con que Erza Pound fose axente dobre. Como daquela non gobernaba Zapatero nin se inventara a tdt dereitona, Pound atopaba que todos os males conducían aos xudeus. Navarro barrunta que esa teima podía ser unha cortina de fume. O argumento non vai alén, polo que ben poderíamos nós inventarnos unha historia de cámaras ocultas, envelenamentos en cócteles e loiras platino fumando con boquilla. O protagonista? Lois Tobío andaba por aí, non si?

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité