jeudi 19 mai 2011
imparto o curso 'COMO CARALLO SE ESCRIBE UNHA NOVELA' o día 28 en Vilagarcía
Como carallo se escribe unha novela (Un misterio para Tintimán) será o curso que vou impartir o vindeiro día 28 no Spaf de Mister Misto en Vilagarcía de Arousa. Será un curso intensivo dunha unha única xornada na que explicarei o xeito no que eu redacto as novelas (estrutura, ritmo, tramas, personaxes, diálogos, conflitos, documentación, etc.) baseándome no exemplo de Corazón de chocolate. Un misterio para Tintimán en Compostela, polo que agradecería que os que teñades intención de asistir leades a obra.
Para apuntarse no Spaf de... [Lire la suite]
jeudi 19 mai 2011
MANUEL RIVAS: "PEREIRO NUNCA FIXO POR SER UN POETA MALDITO"
MANUEL RIVAS concedeume unha entrevista co gallo das Letras Galegas.
[El era máis novo ca nós, pero parecía maior polo xeito de estar e de falar. Logo vías que era unha desas persoas que van un paso por diante. Nel estaba a Galicia dos cancioneiros, dos campesiños, reis e poetas, porque el era as tres cousas. Logo coincidimos en Madrid e fixemos a revista Loia.
Sendo moi bo lector, era unha persoa que estaba no cinema e na música. Nos seus textos é un anticipado, vai por diante abrindo camiños aos outros.
É un autor que ten a... [Lire la suite]
jeudi 19 mai 2011
LOIS PEREIRO, O RAPAZ QUE RECITABA A BAUDELAIRE NA DISCOTECA
Co gallo das Letras escrbín unha longa reportaxe sobre Lois Pereiro en El Progreso:
[LOIS PEREIRO debía de intuír a súa proxección futura na cultura galega porque, sendo un rapaz, escribiu a súa autobiografía: ''Nunca escribirei en castelán. Vou ser como Manuel Antonio, publicarei un libro e morrerei novo'', adiantoulle un día a Piedad Cabo, que empezaba a ser a súa moza, no xardín da Compañía monfortina. Pouco se enganou porque a súa obra está plasmada en galego soamente. Non hai dúbida de que igualou en vontade ser moderno e en... [Lire la suite]
jeudi 19 mai 2011
O #15M AFASTA AÍNDA MÁIS A RAJOY DA MONCLOA
A revolta nihilista do #15M é outra volta de parafuso no meu convencemento de que Rajoy non sentará na Moncloa no 2012. Antes de termos a indignación acampada, opinaba que non gañarías as eleccións por dous motivos: primeiro, porque el non quere gañar, é un home á que o exercicio do poder provoca perplexidade malia que se vexa empuxado exercelo dende o aznarazo designatorio; segundo, porque había moita xente que aceptaría votar PSOE, pero non Zapatero; terceiro, a dereita mediática madrugou... [Lire la suite]