Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
20 mai 2011

15-M-1968

OS ARQUITECTOS que deseñan os xulgados de Lugo ignoraron algunhas necesidades. Esqueceron habilitar un ámbito para os contrariados. Diante da sede xudicial sempre hai unha persoa malvivindo en medio dunha fraga de carteis rotulados de indignación. Nunca paro lelos porque me desacouga asumir que non atoparei un drama tan verdadeiro en toda a produción de Hugo e Dickens reunidos, nin sequera en 'Enemigos íntimos', pero paréceme que todo ese vademecum rotulado da infamia está de máis porque nin o vento nin a choiva lle gardan respecto. Niso, son máis lóxicos eses rapaces que andan facendo un erasmus en 1968 coas acamapadas. Saben que hoxe non pode ser un gran día e que mañá o sol amencerá ermo para eles. Evitan explicar as súas motivacións porque a desesperación fala por eles. Saben que debaixo do asfalto non hai máis ca tuberías e fibra óptica que os alcaldes andan aireando polas eleccións. Cando lles escoito falar de democracia real váiseme a cabeza ao maleteiro de Baltar. Ao contrario co resto dos políticos, que tratan de administrar a súa perplexidade diante do 15M, o ourensán non perdeu o tempo en argallar un discurso fronte os acampados de Morgade. Non hai representación máis asamblearia e directa: do produtor ao consumidor.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité