lundi 23 mai 2011
PEREIRO SOMOS (CASE QUE) TODOS
CANDO ERA rapaz tiña seis sentidos. Dispoñía dos cinco que me conectaban co mundo máis próximo, Ribadeo, e un sexto que consistía nun radar emocional. Eu recorría a el para intentar captar a modernidade naquel páramo que eran as vilas galegas dos 80. Acordo de empoleirarme no máis alto da casa cun transistor para albiscar sonoramente Radio 3 e de procurarme fins de semana da Coruña para facerme con maquetas de Radio Océano e con La Naval -a revista de Suso Iglesias e Xosé Manuel Pereiro, pero sobre todo a revista de Lois Pereiro-.... [Lire la suite]
lundi 23 mai 2011
A REVOLUCIÓN DO CHATEVÊN
A información sobre o que están comendo os concentrados que nas acampadas para pedir Democracia Real escasea. Ás veces escoito comentarios sobre que unha señora investiu 400 euros en churros para os manifestantes da Porta do Sol e outras cousas desa caste que un descoñece se son lendas actuais como a da moza que fai autostop nunha curva. A maioría dos protestantes ronda os 30 anos e, con ese decorado de sofás, colchóns e tendas modelo igloo de Quechua: ou están rodando unha versión española de ‘Friends’ ou son inquilinos de pisos de... [Lire la suite]