Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
26 mai 2011

ORTOPEDIA DE ALGODÓN

Un amigo confesoume que xa non soña cando durme. A vida deulle un par de pinchacarneiros, descoloucouno e puxo en off a función de ilusionarse. Para achegarlle ánimos reconstruínlle a capacidade rexeneradora de Jean Genet. El ten as súas horas de voo nas bibliotecas e sabía da orfandade, a delincuencia infantil e a prostitución no Raval do escritor francés. Ignoraba a vivencia máis acarnizada de Genet, o seu amor incondicionado por Stiliano, o serbio que desertara da Lexión Estranxeira. Jean aínda mo lembrou a última ocasión na que nos citamos, vai para dous meses. Sentou fronte de min cunha desas camisas brancas que semellan o uniforme dunha minúscula patria xermanofalante. Fumaba un cigarro enleado, pero co tabaco recio do Gitanes. Genet sabía que me fascinaba que un home que a quen a sorte metera malleiras mortais de necesidade fose quen de coidar con cariño e dedicación o seu amor por Stiliano, o militar manco que lle permitía deitárense onda el, pero que sentía noxo dos maricóns, aínda que era Genet quen lle pagaba os cachelos e a purrela entregando o seu corpo a terceiras persoas. Jean lembroume o xeito reverencial co que cada mañá colocaba unha ortopedia de algodóns baixo a pitrina de Stiliano. O lexionario deixábase apañar, pero detiña todo roce que lembrase a sexo. “Nunca me consentín abandoar a ilusión”, afirmou Genet.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité