Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
26 mai 2011

ROSABEL CANDAL: NOVA RUTA OU ESCISIÓN NO BNG

ROSABEL CANDAL, en Galicia Hoxe: [Na agrupación liderada por Carlos Aymerich e Teresa Táboas cren que é o momento de "reflexionar" para lograr que o BNG sexa "útil" e teña "vocación maioritaria e de goberno", pero admiten diverxencias internas respecto á postura a adoptar, que decidirán hoxe. No conclave nacional desta fin de semana irá a debate, ademais, a proposta do EI para que a Asemblea Nacional sexa "aberta e sen ningún tipo de trabas" a toda a xente do BNG e que se leve a cabo "unha especie de reformulación" do Bloque xa que "cada vez está máis distante da sociedade". Para iso, segundo fontes consultadas do EI, sería necesario abrir un proceso de "reafiliación", algo que, consideran, non será posible se determinados dirixentes non abandonan a cabeza da fronte e advirten que malia os intentos de "diálogo" e de "pactos" que aseguran que está a realizar estes días o portavoz nacional, por parte do EI "non hai nada que dialogar". Desde a UPG, pola contra, albiscan un "clima tranquilo. Hai suficientes condicións obxectivas para que os debates poidan cristalizar nunha asamblea nacional de unidade", aseguraban onte, para dicir que as discrepancias entre "os tres grupos básicos" da organización "se poden acercar e sintetizar nun único proxecto. Xosé Manuel Beiras e Paco Rodríguez teñen un alto sentido da responsabilidade e primarán o futuro do Bloque por enriba de todo", rematan.]

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité