Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
29 mai 2011

O LUGAR DE VALDANO

OS ESCRITORES GALEGOS manteñen unha relación extravagante e mesmo renarteira co poder. Colócanse de perfil para simular que se manteñen á marxe agardando a que o poder veña a eles. A idea expresouna Valdano tras padecer a moción de censura de Mourinho: “eu estaba nun lugar onde tamén estaba o Real Madrid, foi o club quen se desprazou dende ese lugar a outro ben distinto”. Adoita ser máis doado mover unha persoa ca todo un colectivo de milleiros de socios, pero o directivo arxentino marca unha liña de percepción da realidade na que sitúan os literatos do país. Agora que houbo eleccións, foi raro ver a autores coma candidatos aceptando a valoración social. Hai casos meritorios, coma o dun Ferrín encabezando unha opción tan minoritaria que era obvio que non o animaba o interese crematístico, senón un alento ideolóxico. Fronte a ese exemplo, nun lugar oposto sitúanse outros escritores que adoitan agardar os cambios de vento para correr en auxilio do vencedor. Tampouco pensen que piden moito: algunha viaxe a feiras no estranxeiro para sentirse autores internacionais, encargas de libros ou adaptacións para sentírense unha institución máis e ata escuros e soporíferos programas de televisión a maior gloria de si mesmos que non mira nin o realizador, por moito que os axude a soñarse Sánchez Dragó. O malo non é que as listas sexan curtas e que adoiten ser os mesmos catro ou cinco os que suban e baixen a todos os avións cara a Frankfurt, Boloña ou aos institutos Cervantes; o malo é que se lles financia con fondos públicos sen que ningún votante poida expresar se se sente representado culturalmente ou non por algún deles.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité