jeudi 2 juin 2011

QUECHUA #15m

 OS POETAS tamén morren. Mesmo os interesantes. Scott-Heron finou o luns. El advertiu nos 70 de que «a revolución non será televisada». Supoño que a música coa que acolchaba os versos non soaba no bar que houbo cando Lugo despreguizaba os 80. Os clientes entraban, servíanse e, ao remataren, cobrábanse con soñada autoxestión hostaleira. Como de honrados todos temos o xusto, o local non botou aberto máis alá dun mes. Lonxe de desencantárense, os promotores marcharon a Negueira de Muñiz para crear unha nova sociedade libre,... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 01:11 - Commentaires [0] - Permalien [#]

jeudi 2 juin 2011

A BIOGRAFÍA DE PAQUÍN

Carmen Polo convidoume a cafetear en Meirás. Atopeina máis engurrada porque ao morrer a pel perde auga, pero estaba ornamentada coma unha Macarena con varios colares dos que incautaba aos xoeiros donostiarras. Ela toma descafeinado clariño, como eses que se lles dan a probar aos cativos para facer o chiste. Estes días amolada co intento de “remover a Paquín da tumba”. Sempre se refire a Franco coma Paquín. Anda indignada porque hai un debate para botar os restos do ditador do Val dos Caídos . Pensei que esa desmesura arquitectónica... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 01:08 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :