Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
5 juin 2011

NO BALBORDO DA BATALLA

A GUERRA CIVIL soábame ata hai uns días coma un episodio do Vello Testamento. 1936 antoxábaseme un periodo da Quinta Dinastía ata que lin: «Na guerra de trincheiras hai cinco cousas importantes: a leña, a comida, o tabaco, as velas e o inimigo. Na invernía, na fronte de Zaragoza, eran importantes nesa orde». Esas frases prendían un capítulo de Homenaje a Cataluña, de George Orwell, que agora publica Debate recuperando un texto que apareceu en 1938 en inglés. A crónica dos combates que traza permítenos sentir o cansanzo, o frío, a fame, a sequidade intestinal, o sono, o desencanto e o nihilismo que provocan as guerras. Algo de todo ese desacougo xa o sentira con Ruído (Galaxia), de Miguel Anxo Murado, pero o inglés traballa ao detalle. Como sempre establezo lecturas paralelas, activei tamén Hitch-22 (Debate, 2011), do periodista Christopher Hitchens. Atopei nel o que agardaba: a emoción de vivir en directo os conflitos de Iraq, Sahara, Arxentina ou Uganda, ou de coñecer a Castro, Videla ou Chaves. Ben, nada inesperado: el sempre emite información sobre política internacional. Non agardaba unha amizade de vello con Martin Amis, e, como consecuencia, co pai. Aínda menos sospeitaba eu que Kingsley Amis portaba un fonógrafo no espazo reservado ás cordas bucais. O escritor senior era quen de trasladar a calquera que o escoitase e estendese as pálpebras asemade a unha estación de tren ou a un escoitante dunha emisión radiofónica de Franklin Delano Roosvelt. Hitchens afirma que a súa pièce de resistance eran «uns soldados británicos que intentan arrincar un camión xelado de dúas toneladas nalgún lugar de Alemania».

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité