dimanche 5 juin 2011

NO BALBORDO DA BATALLA

A GUERRA CIVIL soábame ata hai uns días coma un episodio do Vello Testamento. 1936 antoxábaseme un periodo da Quinta Dinastía ata que lin: «Na guerra de trincheiras hai cinco cousas importantes: a leña, a comida, o tabaco, as velas e o inimigo. Na invernía, na fronte de Zaragoza, eran importantes nesa orde». Esas frases prendían un capítulo de Homenaje a Cataluña, de George Orwell, que agora publica Debate recuperando un texto que apareceu en 1938 en inglés. A crónica dos combates que traza permítenos sentir o cansanzo, o frío, a... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:39 - Commentaires [0] - Permalien [#]

dimanche 5 juin 2011

QUE CULPA TEN O COGOMBRO?

Que culpa ten o tomate?, preguntábanse Jorge Coira e outros directores nun documental sobre o proceso de cultivo, distribución e venda desa hortaliza en varias paisaxes do mundo. Mirando estes días os cogombros -verdes e inocentes-, nas bocas nada verdes e nada inocentes de diversos políticos alemáns e españois, reformulei a pregunta do filme. Os representantes públicos teñen a teima de darse baños de Palomares cada vez que hai unha crise alimentaria, sexa carne de vaca, con Celia Villalobos facéndolle a campaña a Avecrem, ou sexa a... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:27 - Commentaires [0] - Permalien [#]