Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
9 juin 2011

A RAG VOLVE PECHAR AS PORTAS A MEDIA SOCIEDADE

A RAG vén de pechar as súas portas coa elección de catro novos membros ao longo do último ano. Agradezo nomeadamente a entrada de Henrique Monteagudo tanto por unha cuestión de solidez intelectual como pola súa idade anovadora; non discuto tampouco a primeira característica a Xosé Luís Regueira ou a Pegerto Saavedra porque non as coñezo tanto. Dubido de que Fernández Ferreiro teña unha produción narrativa da altura abonda como para asentalo nunha cadeira nas Tabernas alén do distintivo simbólico e irrefutable de ser un braispinto; cando menos non soborda por riba da escrita por Marilar Aleixandre. A Academia queda soamente con tres mulleres e sen autores de LIX nin periodistas; evidentemente, non abonda para ser un espello da sociedade intelectual do país. Hai autoras de literatura para rapaces que tamén son xornalistas, sería unha boa escolma para as vindeiras vacantes; aínda que prefiro que entrasen tres mulleres, unha por cada categoría. Independentemente da cuestión de sexo, forte e loxicamente proposta n' O Xogo das Cadeiras, reitero que deberían entrar os nosos clásicos Agustín Fernández Paz e Xabier Docampo, e mesmo penso en que era tempo de que haxa un periodista na institución. Ao falar de periodistas, non me refiro a iso que hai quen chama erradamente Xornalismo Cultural, cando deberían denominalo Opinión, senón a algún dos profesionais que exercen a tempo completo e son considerados como merecedores dun lugar na RAG polo oficio e non pola achega literaria.

Publicité
Publicité
Commentaires
M
Estou plenamente de acordo. Coido, sen restarlle méritos a ninguén, que na Academia hai unha presenza asoballante de filólogos procedentes do ILGa, esquecendo os que seguen outras liñas, tamén válidas (García Negro, Ferreiro,Freixeiro Mato...), mulleres ou autores de literatura xuvenil (a ausencia de Fernández Paz é rechamante)ou de xornalistas-xornalistas, así como tamén de científicos ou representantes doutras áreas de coñecemento. Tamén debería a RAG botar fóra da súa lista de membros correspondentes a Francisco Franco... Dá noxo velo na lista de membros correspondentes da RAG co nome de Franco...
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité