jeudi 9 juin 2011

A RAG VOLVE PECHAR AS PORTAS A MEDIA SOCIEDADE

A RAG vén de pechar as súas portas coa elección de catro novos membros ao longo do último ano. Agradezo nomeadamente a entrada de Henrique Monteagudo tanto por unha cuestión de solidez intelectual como pola súa idade anovadora; non discuto tampouco a primeira característica a Xosé Luís Regueira ou a Pegerto Saavedra porque non as coñezo tanto. Dubido de que Fernández Ferreiro teña unha produción narrativa da altura abonda como para asentalo nunha cadeira nas Tabernas alén do distintivo simbólico e irrefutable de... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 18:59 - Commentaires [1] - Permalien [#]

jeudi 9 juin 2011

AS IDEAS CLARAS DE MARÍA SAN GIL

María San Gil está de promo. Alguén lle contou o de prender pólvora para que estoupe nos medios de comunicación ao tempo de chegar o libro á venda. Linlle a entrevista (bastante frouxa, con titulares mal escollidos) no XL Semanal do domingo e pareceume unha señora coas ideas claras, tan claras que transpiran unha férrea intransixencia. Comprendo que a barbarie sente na túa mesa violentamente ou que a morte pretenda invadir o teu corpo son vivencias exasperantes que atoan a capacidade de... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:28 - Commentaires [0] - Permalien [#]
jeudi 9 juin 2011

UNHA CABEZA GRANDE DE PERFIL

Antón (+5) preguntoume “por que os antigos pagaban con pesetas”. Contesteille cunha desas leccións maxistrais que damos os pais cando ignoramos a resposta e queremos evitar respostas que erosionen a nosa autoridade: “Déixate de pesetas e acaba a sopa, que se vai enfriar”. Antón aceptou a constestación coa mesma aceptación sumisa e perplexa coa que se preguntara polo intercambio de moeda dos antigos. Cando menos por un tempo, eviteime confesarlle ao cativo que eu tamén era un antigo que pagaba con pesetas. Daquela o pago con esa moeda... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 02:47 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :
jeudi 9 juin 2011

LITERATURA DE LEÓN E CÓRDOBA

Os escritores galegos, a forza de nacionalistas, non somos viaxados, seguindo o razoamento parvo co que tratou de condearnos Baroja. Debe der ser por iso que veñen autores de fóra a aprendernos de viaxes. Cando escribo de fóra, refírome a Onde Sempre porque nos veñen Os Dous de Sempre -Llamazares e Gala- co reforzo intelectual de Iñigo nos coros. Pensaba eu que poderían dar traballo aos tradutores -ou, no seu defecto aforrador, a un par de lusófonos-, máis que nada porque nos aprendan algo sobre... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 01:54 - Commentaires [0] - Permalien [#]
jeudi 9 juin 2011

INICIATIVA BEN COMÚN: "OUTRO ESPAZO É NECESARIO"

INICIATIVA BEN COMÚN: [A nova derrota da esquerda nacionalista nas pasadas eleccións confirma unha tendencia iniciada hai dez anos, pola que vén perdendo o pulso cidadán naqueles espazos xeográficos e xeracionais cara aos que debería ser máis sensible e onde tería que atopar maior receptividade. Preocúpanos que, de seguiren o mesmo rumbo, a derrota do tándem PSdeG/BNG nas próximas eleccións autonómicas non sexa só unha derrota electoral máis senón que teña consecuencias irreversibles sobre o futuro da esquerda e do porvir do país... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:14 - Commentaires [0] - Permalien [#]