Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
10 juin 2011

VELLOS NOS PASOS DE CEBRA

OS SEÑORES QUE SE apostan nas beiras dos pasos de cebra métenme medo. Adoitan ser vellotes que teiman en ceder a súa preferencia aos coches axitando a man para cederlles o paso. Se o condutor non acelerera, eles nos cruzan. Son persoas que extreman a súa educación vial coa convición de que o automóbil, unha máquina poderosa que se popularizou tardeira nas súas vidas, é superior a eles. Cando conduzo temo avanzar e que, por un malentendido, eles o fagan asemade. Un pánico instintivo e remoto debeu de sentir Carlos Parra cando reparar en que se lle viña enriba un todoterreo Mihura guiado por un toureiro. A televisión virou ese medo e mudouno en preocupación polo condutor que provocou o sinistro. Sálvame fai irónica honra ao seu título para aparcar a demolición emocional dos famosos e improvisar unha tenda de campaña de comprensión para o destro accidentado. Aínda hai un par de días un espontáneo asaltou o plató nunha abordaxe a peito descuberto que me pareceu sinceira a berro de «Necesito amigos!» Imaxino que iso é que precisan os anciáns que se moven torpes e inseguros polas cidades antes de asomar ao abismo dos nosos pasos de cebra: aparecer en televisión para que os respecten cando pretenden cruzar unha rúa.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité