Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
12 juin 2011

O EXTRAMUNDE DE QUEIPO LEVA O PREMIO XERAIS

Xornal: O galardoado nesta edición foi o escritor santiagués Xavier Queipo,pola súa obra Extramunde. Asemade, a editorial tamén declarou a Anxo Fariña como gañador do Premio Merlín de Literatura Infantil –por A chave da Atlántida– e a Héctor Carré do Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil pola súa novela Febre. O texto de Queipo conta a historia dunha hoste de condenados pola Santa Inquisición, formada por eivados e torturados, que parte do santuario dos embruxados cara ao porto de Betanzos, guiados pola man do capitán Mourelle.

“A violencia terrible, o exorcismo brutal e o sexo constitúen algúns dos eixos temáticos desta excelente novela que encandila e atrapa ao lector coa súa poética expedicionaria”, apuntou o xurado na súa valoración.

Pola súa banda, o escritor e cineasta Héctor Carré sinalou que o éxito de Febre –que conta a historia dun tempo no que o wolframio era o ouro galego– foi escrita para a filla da súa muller “porque non me gustaba o que lía na escola”.

Con respecto a Anxo Fariña, este mostrouse “contentísimo” polo éxito de A chave da Atlántida, unha novela de ciencia ficción que na que mestura os mitos desa civilización antiga coa biotecnoloxía e a robótica.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité