Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
12 juin 2011

QUE CONTINÚE A FESTA

Un CONTO de Nicccòlo Ammaniti está protagonizado por uns rapaces que fan abordaxe a un zoolóxico nunha noite calorosa de verán. O protagonista chouta para superar un valado e, ao caer ao outro lado, pisa o esqueleto dun animal. Aínda me cruxe o cerebro cando lembro ese relato que aparecería no recompilatorio Juventud canibal (Mondadori). Aquí non tivemos Mocidade Canibal. Houbo unha xeración narrativa dos 90 que non soubemos recoñecer ou non souberon presentarse. A maioría deles ficaron deitados no campo de batalla: derrotounos a vida a base de matrimonios, actividades extraescolares ou adolescencias que reclaman unha eutanasia por prolongadas. Agora Ammaniti entrega nova crónica do seu tempo: Que empiece la fiesta (Anagrama), sobre un construtor de Roma que organiza a maior festa de todos os tempos. As sete cuíñas de Rómulo e Remo sempre foron o escenario máis vivo para as macroquedadas e os afterhours de varias xornadas. A nosa literatura non chegou aí. Todo o que avanzamos aquí foi ata chegar á perda do poder polo Bloque e un asasinato no Consello Nacional, pero Ameixeiras cruza ese atlántico en solitario. Lugo reinvindícase como ámbito para unha novela unha e outra vez. Shakespeare imaxinou mortes, violacións e raptos cando Londres sumaba os habitantes que ten a cidade agora. O problema de ficcionar o lado escuro non é de censo electoral, logo; o problema é que a historia debe ser crible. Os sumidoiros aos que descenden os meus compañeiros para informar da Carioca ou as lendas que flotan sobre a muralla imaxinado os luxos de Dorribo non resistirían a impresión en branco sobre negro.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 573
Publicité